Biblia Kennicott/ Biblia da Coruña

A Biblia xudía da Coruña, coñecida como “Biblia Kennicott”, é o manuscrito de tema relixioso máis importante que nos legou a Idade Media galega, unha obra mestra das biblias hebreas medievais, que na actualidade atópase na Biblioteca Bodleian da Universidade de Oxford.

Museo etnolóxico

Unha biblia xudía na Galicia do século XV

Contén 922 páxinas en hebreo, 238 belamente iluminadas, os cinco libros da Torá (Xénese, Éxodo, Levítico, Números e Deuteronomio), os libros de Profetas e Haxiógrafos, e un tratado gramatical copiado dunha Biblia anterior que lle serviu de modelo, coñecida como “Biblia de Cervera”, feita no ano 1300 e conservada na Biblioteca Nacional de Lisboa.

Para o xudaísmo, relixión do Libro, nada é máis importante que a Biblia, que significa libros’ en grego. Estes libros’ da lei vella son compartidos dalgún xeito entre cristiáns e xudeus, pois constitúen o noso Vello Testamento.

Un mozo e rico xudeu coruñés admiraba a manuscrita “Biblia de Cervera”, propiedade da familia xudía coruñesa Mordechai, polo que contratou un consumado calígrafo para que lle fixese unha copia, quen rematou o seu traballo o 24 de xullo de 1476, agradecendo no colofón da nova Biblia ó “admirable mozo Isaac, fillo do defunto, honorable e querido Don Salomón de Braga”.

Lost your password?

Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in

Address

184 Mayfield St. Hopewell
Junction, NY 12533

Phone

Email