Queridos tangueros e amantes do tango:
Invitámosvos a participar nesta Milonga Solidaria “La Mestiza”, que se celebrará en Ribadavia o vindeiro sábado 19 de setembro, no Palco da Música.
Todo o recadado será enviado a través de Nequi-Colombia para axudar a unha familia na reconstrución da súa vivenda tras o terremoto. ❤️🇨🇴
Se non podes asistir e queres colaborar, podes facer un Bizum coa cantidade que poidas ao 633 356 161.
Un encontro para bailar e, sobre todo, para acompañar desde o tango a quen hoxe precisa da nosa solidariedade.
Cando bailamos xuntos, tamén podemos abrazar á distancia.
💃🏻🕺🏻❤️
Organiza: Carolina Atuesta
Co apoio e colaboración do Concello de Ribadavia.
