E os oficios tradicionais, moitas máis.
O vindeiro 18 de outubro, Ribadavia acolle unha nova xornada do Programa de Voluntariado Interxeracional “Rede Galega de Oficios Vivos”, unha iniciativa gratuíta para coñecer, compartir e manter vivos os saberes tradicionais de Galicia.
Nesta ocasión achegarémonos ao torneado da madeira da man do artesán Aitor Martínez. Coñeceremos o funcionamento do torno, as ferramentas básicas, os distintos tipos de madeira —con especial atención á madeira verde— e veremos en directo como se crean pezas sinxelas.
Será tamén unha oportunidade para falar do futuro deste oficio, do relevo xeracional e das posibilidades profesionais que ofrece, creando un espazo de intercambio entre xeracións, experiencias e coñecementos.
📍 Igrexa da Madalena, Ribadavia
📅 18 de outubro
🕙 De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
👥 Principalmente para persoas maiores de 55 anos e mozas e mozos de 16 a 35 anos, aínda que tamén poden participar persoas de ata 54 anos.
🎟️ Actividade gratuíta. Prazas limitadas.
👉 Inscricións:
https://voluntariadogalego.org/plans-e-programas/plan/programa-de-voluntariado-interxeracional-rede-galega-de-oficios-vivos
