Obradoiro de repostería “O pobo do libro”

Con motivo das Xornadas Europeas da Cultura Sefardí, en Ribadavia desfrutaremos dunha intensa actividade para coñecer as contribucións históricas e culturais das comunidades xudeas.

Inscríbete no obradoiro de repostería “O pobo do libro”, cociña e desfruta da gastronomía sefardíe.

3 e 4 de setembro De 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas Cafetería do IES O Ribeiro

Inscricións e información na Oficina de Turismo de Ribadavia (turismo@ribadavia.es)

O día 4 poderemos escoitar ao experto Chema Dapena na conferencia “A gastronomía do pobo do libro”. 20,00 horas Sala do Centro de Info Xudía de Galicia.