Burning en Ribadavia!

A lexendaria banda de rock madrileña, con 50 anos de historia ás costas, tamén pasará pola capital do Ribeiro na súa xira 2025: “Burning – 50 años de rock… ¡y seguimos a todo gas!

5 de setembro Ribadavia

Dentro da programación das Festas do Portal 2025

Con Johnny Burning á fronte, chegan cunha misión clara: seguir facendo vibrar escenarios e salvar o rock and roll con toda a súa enerxía e paixón.

Non perdas esta oportunidade única de vivir en directo unha parte viva da historia do rock estatal.

Rock and roll, veciños e veciñas!