Artesanía, saber e sabor converterá Ribadavia nun mercado de produtos artesáns e alimentarios galegos para dinamizar o comercio de proximidade.
Esta acción da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería do Medio Rural desenvolverase entre o 6 e o 8 de decembro no casco histórico da vila.
Será en horario de 11,00 a 14,00h e de 16,00 a 20,00 h e incluirá un mercado de Nadal de Artesanía de Galicia, que albergará a igrexa de Santa María da Magdalena, e outro de Artesanía Alimentaria, que estará situado na Praza Maior
Con esta iniciativa a Xunta busca poñer en valor a artesanía e os produtos alimentarios galegos de calidade diferenciada, explorando novas experiencias para a súa comercialización co uso efémero de diferentes locais comerciais https://artesaniadegalicia.xunta.gal/gl/novas/artesania-saber…