Torneo Internacional de balonman

Ribadavia será a sede da preparación dos Hispanos Júnior de Balonmán cun encontro fronte a USA.
O encontro fronte ao combinado absoluto de U.S.A. servirá para celebrar o acto inaugural da nova pista que o Concello de Ribadavia instalou no pavillón do Consello.
Ribadavia acollerá do 11 ao 17 de marzo a preparación do combinado nacional de balonmán, unha xeración que ven de proclamarse campioa do mundo e de Europa na categoría xuvenil.
O concello de Ribadavia, a través do Consello Municipal de Deportes, organizou dous adestramentos de portas abertas nas mañás do martes e do xoves, para que todos os escolares da zona poidan desfrutar da estancia dos Hispanos na vila; o mércores ás 12:30, o Concello de Ribadavia realizará unha recepción oficial á expedición española na casa consistorial.