Rapdavia

Rapdavia é un gran Obradoiro que busca nexos de unión e o público que asista, terá a posibilidade non só de escoitar música urbana en directo de ACHE, O Pirata, El Macius ou Kalibass senón tamén, de presenciar a creación de graffitis en tempo real.

Ademáis haberá actividades artísticas e medioambientais para Infancia e Xuventude así coma unha Batalla de Galos. Para todas estas actividades, podedes inscribirvos xa no correo electrónico omix.ribadavia@gmail.com porque ollo!! terán aforo limitado.

Uniremos rap e graffiti como dúas das expresións máis populares da arte urbana hoxe en día, con artistas ourensáns e locais nunha xornada para todos os públicos e ademáis humanizaremos e recuperaremos o parque anexo a estación de Autobuses de Ribadavia.

Actividade familiar e xuvenil.
10:30-15:30h
Barrio da Estación
Sábado, 15 de xuño