Nova edición “No bico un cantar”

Máis de 350 escolares cantarán en Ribadavia á Xeración Nós.

A oitava edición do encontro musical “No bico un cantar” recupérase trala pandemia e retoma a temática programada en 2020 na que se conmemoraba o centenario do nacemento de Nós. Será no auditorio do castelo de Ribadavia, que acollerá a máis de 350 nenos provintes de diferentes puntos de Galicia que cantarán á Xeración Nós. No recital participarán alumnos dos dez conservatorios profesionais dependentes da Consellería de Educación, e parte do coro infntil da Orquesta Sinfónica de Galicia.

Auditorio Rubén García do Castelo de Ribadavia.
18,00 horas
Entrada de balde