Día de Rosalía de Castro

O Concello de Ribadavia este ano festexará o Día de Rosalía de Castro cunha homenaxe á devandita poetisa e novelista galega.
O acto será o venres día 23 ás 19:00h na Igrexa da Madalena.
Colaborará a Asociación de Poetas do Ribeiro, Pandereteiras da Istoria, OMIX Ribadavia e alumnos da aula Municipal de Teatro entre outros.
Durante a próxima semana na Biblioteca Municipal de Ribadavia teremos unha Exposición Bibliográfica da súa obra.