O camiño é a antiga verea romana que partía de Braga cara o norte de Galicia e pasaba por as terras de Ribadavia. Desde aquí, os peregrinos portugueses seguían o vello camiño de arriería que levaba o viño a Compostela e entraba pola Porta de Mazarelos.
Trátase dun dos camiños máis antigos da península Ibérica, mesmo foi o que usou Xelmírez na súa visita a Sé bracarense. O actual Museo do Viño de Galicia foi a granxa vitícola ou priorato de santo André de Campo Redondo, sendo unha das posesións máis prezadas do mosteiro mais poderoso de Galicia, san Martiño Pinario.
Asociación Camiño Miñoto Ribeiro
Historia
O legado histórico do camiño é sorprendente; calzadas romanas, camiños medievais, mosteiros, hospitais, igrexas, adegas, aldeas e vilas identificadas de gran valor histórico.
Termalismo
Ao longo do camiño hai multitude de afloramentos termais, ben aproveitadas polos peregrinos no seu percorrido á cidade do Apóstolo Santiago, de forma especial persoas que camiñaban enfermas de lepra.
Natureza
Dunha riqueza magnífica, en todas as estacións do ano, en calquera lugar do camiño a natureza é sorprendente e emocionante cunha variedade de fauna e flora.
Viño
O camiño cara a Santiago non deixaba de ser tamén o roteiro do transporte do viño do Ribeiro, esta relación de Santiago co viño ten séculos de historia, no século XII xa hai referencias desta vinculación.