Traxe da novia
Hai unha tradición xudía que, dende o século VIII, denomina Sefarad, nome bíblico, á Península Ibérica, e sefardís ós xudeus que habitan nela.
A tradición
Aplicaráselles o nome de sefardís, sobre todo, ós descendentes dos xudeus peninsulares desterrados en 1492 nos países de acollida, onde gardaron, ata hoxe en día, como lingua materna, un idioma castelán con resonancias medievais ademais doutros elementos da cultura hispanoudía medieval como ritos e vestiduras.
O traxe de noiva sefardí que reproducimos vén do Magreb, onde se refuxiaron importantes comunidades de xudeus exiliados polos Reis Católicos, que seguiron a facer as vodas como cando vivían entre nós, malia que son perceptibles influencias árabes posteriores.
Este traxe vén sendo utilizado na representación da voda xudía que o Centro de Estudios Medievais organiza, dende 1993, na “Festa da Istoria” de Ribadavia.