Apartamento e expulsión
A inesistencia en Galicia dun antisemitismo popular e violento e dunha igrexa que o predique, dificulta a aplicación das leis discriminatorias da Coroa unificada de Castela e Aragón que preceden ó desterro de 1492.
A reacción en Galicia
En 1480 as Cortes de Toledo acordan apartar os xudeus en barrios separados. En 1481 o Tribunal da Inquisición, creada en 1478, ordena queimar a 2.000 xudeus en Sevilla. Asemade, en Galicia, os concellos seguían coa súa política de tolerancia, ás veces filoxudía.
¿Que reacción houbo na Galicia das “dúas culturas” ó decreto de expulsión do 31 de marzo de 1492? Temos para nós que a maioría converteuse, seguindo moitos deles practicando o xudaísmo coa convivencia dos seus veciños cristiáns, sen que ninguén os amolase durante case un século.
Outros colleron o camiño do exilio como o prateiro coruñés Isaac que, en 1493, coa complicidade de armadores e oficiais reais, foxe por mar levando consigo moedas de ouro e prata, alfaias “e outras cousas de valor”, entre as que ben podía estar a “Biblia Kenni- cott”, elaborada na Coruña en 1476 por un xudeu rico chamado asímesmo Isaac quen marchou con ela ó exilio: así foi como perdemos os galegos unha das nosas xoias medievais.