As XXXIX Xornadas de Folclore da Deputación de Ourense traen á nosa provincia a música e os bailes tradicionais de seis países!
A partir desta mesma tarde, poderemos gozar das actuacións de agrupacións folclóricas que viaxaron desde Colombia , Panamá , México , Serbia , Senegal e Taiwán para amosar e poñer en valor as súas culturas.
En Ribadavia, teremos o pracer de recibir estas actuacións o mércores 21 de agosto ás 23:00h no Auditorio Rubén García do Castelo de Ribadavia.