Ribadavia transpórtanos por encantamento ao mundo medieval e ao urbanismo barroco.
A capital galega do viño é froito da produción e comercialización dos seus viños ao longo do últimos dez séculos.
Percorre Ribadavia
O Paseo
Iniciamos o paseo na Praza Maior para ver o Palacio dos Condes, a Torre do Concello e os soportais que reflicten a riqueza no século XVI. Continuamos polo Barrio Xudeu, percorrendo as oito igrexas e as catro parroquias que ordenaban a trama urbana.
Os templos románicos de Santiago e san Juan acaban en lindas prazas como a da Magdalena, san Juan e García Boente. Tamén a Casa da Inquisición cunha fachada singular. Hai unhas bonitas vistas do río Avia desde a propia muralla. Un dos mellores miradoiros é a Ponte de san Francisco, onde se atopa o convento franciscano de san Antonio.
Pola zona sur, conectado coa muralla está o Castelo dos Sarmiento, á beira do conxunto da igrexa do Portal e o convento gótico de santo Domingo, unha xoia gótica.
E para finalizar este paseo, unha copa de ribeiro acompañado coa repostería da vila. Un pracer de reis e raíñas.