A Biblia de Coruña: O Misterioso Viaxe de Isaac

Damos por seguro que a Biblia coruñesa marchou de Galicia despois de 1492. Pode que a levara canda el aquel Isaac que abandonou clandestinamente A Coruña, cara a África, en 1493. E pode que non, pois o nome do patriarca Isaac era daquela ben común, e non se pode descartar que houbese máis de un na Coruña, aínda que o dono desta Biblia excepcional tíñase por único e ordenara facer unha caixa cunha chave para transportar o seu tesouro, onde gravou en hebreo unha soa palabra: “Isaac”.

Museo etnolóxico

A Desaparición e Recuperación da Biblia da Coruña: Un Tesouro Sefardí

Non sabemos ren do itinerario da Biblia da Coruña na diáspora sefardí ata o ano de 1771, en que foi mercada en Inglaterra por iniciativa do hebraísta, bibliotecario e párroco de Oxford, Benjamin Kennicott, que lle deu o seu nome, aínda que a nós gustaríanos que recuperase os seus nomes históricos orixinais e fose coñecida no futuro como a Biblia de Isaac, fillo de Salomón, Moisés Ibn Zabarah e Joseph Ibn Hayyim, ou Biblia da Coruña, ou Biblia hebrea de Galicia. É por iso, para recuperar a nosa historia, que llelo contamos a vostedes, para que á súa vez llelo conten “ós seus fillos e ós fillos dos seus fillos a través de todas as xeracións, como está escrito” como quería Moisés, o noso artista calígrafo.

Lost your password?

Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in

Address

184 Mayfield St. Hopewell
Junction, NY 12533

Phone

Email