Fraternidade xudeu -cristiá
A diferenza doutros lugares das Coroas de Castela e Aragón, no reino de Galicia non houbo durante a Idade Media motíns populares antisemitas. O máis parecido foi o asalto da sinagoga de Ourense, en 1442, que resultou “destruída”, polo bando nobiliario dos Cadórnigas, que levaron consigo “as árbores” (rolos da Torá) e aínda lles roubaron despois 50 marabedís vellos. Tanto o Concello como a Igrexa de Ourense condenaron o atentado á “casa de oración” dos xudeus. O máis duro foi o representante do bispo que excomulgou a Pedro Díaz de Cadórniga e os seus homes, é dicir, tratou o delicto antixudeu como se fose un sacrilexio cometido en igrexa cristiá.
A Orixe
É propio da Galicia pre-irmandiña este sentimento de agravio de todas as víctimas contra os cabaleiros malfeitores e as súas fortalezas, vítimas expiatorias dunhas tensións sociais que noutros lugares descargan contra os xudeus.
A amizade entre cristiáns e xudeus amósase outra volta, en 1457, nunha vodas de fidalgos ourensáns onde se acordou, estando xudeus e rexedores presentes, reconciliaren a dúas donas xudías que se pelexaran, que sen liberadas polo Concello da súa cadea co fin de que puidesen comparecer perante os xuíces da alxamia. Desde as Partidas de Afonso X estaba “prohibido” que xudeus e cristiáns fixesen banquetes xuntos, pero o Reino de Galicia ía a contracorrente, e o 25 de abril de 1467, iniciada a grande revolta contra os nobres malfeitores, un cóengo da catedral de Ourense relata cómo “os da Santa Yrmandade avian lanzado un pregon que leigos e clérigos, xudeus e mouros, fosen derribar o castelo Ramiro.”
A tradicional e secular tolerancia entre xudeus e cristiáns da Galicia medieval, desde o século X, convértese pois, na fin da Idade Media, en amizade xudeu-cristiá, defensiva en común dos agravios sociais (a tal punto que en 1368 ofrécense para pagaren fortalezas aos cabaleiros protexedores (Mendo González, 1044) a agresores provocando ó cabo a revolta da Santa Irmandade 1467-1469, no momento histórico de maior desfasamento entre a situación dos xudeus en Galicia e no resto da Coroa de Castela: neses anos teñen lugar matanzas de xudeus e conversos en Toledo (1467), Sepúlveda (1468) e Tolosa (1469); entretanto, en Galicia a Santa Irmandade xunta campesiños e cóengos, xudeus e mouros, para derrubaren fortalezas.