Festa da Istoria

Nas grandes festas relixiosas de Ribadavia dos séculos XVII- XIX era habitual, como noutros lugares, incluír actividades profanas como danzas e pantomimas organizadas polo Concello.

Museo etnolóxico

As Festas da Virxe do Portal e as 'istorias' bíblicas

Contra o 8 de setembro teñen lugar as festas maiores da Virxe do Portal. Constan estes festexos na documentación municipal, entre os anos 1693 e 1865. Duraban de 4 a 8 días e acudía á capital do Ribeiro xente de todo o reino de Galicia. Os concelleiros de a cabalo convidaban a todos a iren á Praza Maior para ver unha comedia que denominaban historia, ou “istoria”, por unha confusión ortográfica, aínda que na fala aseméllase á palabra “estoria” do galego medieval. O Concello pagaba ó autor e director da obra, así como os actores, reservándose o dereito a elixir as pezas que habían representar, o que demostra a importancia política e relixiosa dos contidos das “estorias”.

Leopoldo Meruéndano, alcalde de Ribadavia e historiador local, nacido en 1845, conta que os veciños de Ribadavia, en lugar das tradicionais loitas entre mouros e cristiáns, escenificaron nalgunha ocasión a batalla bíblica entre hebreos e filisteos, todos eles vestidos como personaxes do Antigo Testamento: cando Saúl, o primeiro rei de Israel, cae morto, o director da pantomima dicía, parafraseando o canto fúnebre do rei David: “Chorade fillos de Xerusalén, a morte de voso rei Saúl, maldito sexa o monte de Xelboé, no que caeu o unxido do Señor”. David, a pesar de ser perseguido por Saúl, chora a súa morte (Samuel, 1:17): toda unha metáfora daqueles conversos perseguidos polo Santo Oficio.

A Inquisición foi definitivamente abolida en 1834, o que facilitou a recuperación da memoria xudía e xudaizante de Ribadavia da man dos liberais e republicanos decimonónicos. Despois da revolución de 1868 e subseguinte Restauración, deixaron de facerse este tipo de “istorias” hebreas, que seguramente Meruéndano coñeceu… ata a primeira “Festa da Istoria” de 1989. Dende aquela, cada sábado anterior á Virxe do Portal, a xente de Ribadavia vístese de historia para representar a “istoria” do seu pasado medieval, xudeu e anti- inquisitorial.

Lost your password?

Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in

Address

184 Mayfield St. Hopewell
Junction, NY 12533

Phone

Email