Casa gótica

Rara é a comarca de Galicia onde a tradición popular non lle atribueu imaxinariamente a algún antigo edificio, a condición de lugar onde a Inquisición torturaba os seus presos. Ribadavia, terra de xudeus, non podía ser menos. Chámaselle “a casa da Inquisición” á casa gótica da rúa San Martiño por mor, sen dúbida, do escudo inquisitorial da súa portada.

Museo etnolóxico

O Emblema Inquisitorial en Galicia:

O Santo Oficio levaba os detidos de toda Galicia para ‘nter rogalos, torturalos e xulgalos ó seu cárcere de Santiago de Compostela. Logo tiña a Inquisición unha importante rede de familiares e comisarios, con dereito a portaren armas, que recollían denuncias, axexaban e facían de intermediarios, ás veces corruptos. Cargos cobizados por pequenos nobres e eclesiásticos que adoptaban como emblema heráldico o da Inquisición, que tiña tres elementos: a cruz representando a Cristo redentor e a súa Igrexa, unha rama de oliveira a dereita, simbolizando a gracia divina, e unha espada a esquerda que nos ala os necesarios castigos e penas contra herexes e descridos.

Na comarca do Ribeiro consérvanse varias casas brasonadas coa labra inquisitorial, que foron dalgún familiar ou comisario do Santo Oficio, en Leiro, Moldes, Eiras, Arnoia e Remuinos. Na vila de Ribadavia atopamos tamén un emblema inquisitorial no convento de San Domingos, e outro na fermosa casa de San Martiño que, no século XV, mandou facer o señor Pedro Vazquez de Puga, ó lado doutros brasóns que corresponden ós apelidos Puga, Bahamonde e Mosquera, familias todas elas moi vinculadas á Inquisición de Galicia no século XVII. Esta mesma serie de escudos repítense na igrexa da Oliveira e nunha casa xa desaparecida de San Cristovo de Regodeigón, ámbalas dúas relacionadas cos descendentes do rexedor Pedro Vázquez

Os inquisidores locais introducen variantes significativas nos emblemas da Inquisición ue exhiben con orgullo. No escudo da casa gótica superponse a espada laica sobre a cruz, poñendo en evidencia a función punitiva do Santo Oficio, mentres que na lápida funeraria de San Domingos o que destaca é unha gran cruz dos frades predicadores na compaña, á sua dereita, dunha espada na que o gravador, ou o tempo, eliminou a empuñadura que lle daba forma de cruz.

Lost your password?

Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in

Address

184 Mayfield St. Hopewell
Junction, NY 12533

Phone

Email