Candelabro de Tui
No claustro da Catedral de Tui, construído nos séculos XIII-XV, pódese admirar unha inscrición, aínda clara, dun candelabro xudeu de sete brazos fronte á entrada da sala capitular do século XII. De maneira que, durante séculos, os cóengos tudenses pasaron diante da menorá xudía cada vez que se reunían en capítulo. Ninguén borrou este graffiti, nin sequera nos tempos de Inquisición.
O simbolismo da menorá na cultura xudía
A gravación desta menorá non se pode confundir cunha marca de canteiro, como ás veces a estrela de cinco puntas; polo seu tamaño e significado non cadra cunha función técnico constructiva, pois representa de xeito sen dúbida consciente, o símbolo máis antigo do xudaísmo: o candelabro de sete brazos, como imaxe identificativa do pobo de Israel, dende a destrución do Templo de Xerusalén e estaba xa entre os utensilios do tabernáculo do deserto, aínda que non tivera logo un papel concreto no ritual relixioso xudeu.