
Grandes momentos
Aquí poderás vivir momentos inesquecibles en todas asépocas do ano: teatro, festas, historia, termalismo, gastronomía e por suposto, viño.
Citas para non perder
Do Concello

Feira do Viño do Ribeiro
Declarada de interese turístico. Celébrase a primeira fin de semana de maio con todas as novidades vitivinícolas da comarca.

Festa da Virxe do Portal
As festas patronais acollen por centos de romeiros e romeiras de toda a comarca. Celébrase a seman ado 8 de setembro.

Mostra Internacional de Teatro
É a cita teatral máis importante de Galicia. Celébrase a mediados do mes de Julio. Grupos de todo o mundo danse cita aquí.

Semana Santa
Na seguinte ligazón vos deixamos toda a información das actividades que se farán en Ribadavia durante a Semana Santa.
Outras

Festa da Istoria
Declarada de interese turístico nacional. Ten lugar o último sábado de agosto. É a primeira celebración medieval de Galicia.

Arteficial
Festival tropical no corazón do Ribeiro. Arte, música e cultura alternativa.
De día e de balde!

Noite Meiga
Unha noite onde a néboa e a oscuridade cubren a paisaxe de Ribadavia, onde o misterio rexurde de entre os rincóns máis ocultos.
Kilómetros
Tempo aproximado
Lugares visitados