Do 5 ao 9 de setembro, Ribadavia convértese nun escenario cheo de vida para celebrar as súas festas grandes: o Portal 2025. Un encontro onde tradición e modernidade camiñan da man entre pasarrúas, concertos, obradoiros, espectáculos na rúa, actividades para nenos e as verbenas máis animadas.
As rúas da vila encheranse de música, cor e alegría, coa forza dos nosos costumes —gaiteiros, xigantes e cabezudos— e a enerxía das novas propostas culturais. Un programa pensado para toda a veciñanza e visitantes, que culminará cunha gran tirada de fogos artificiais.
Unha cita para celebrar xuntos a identidade e a festa de Ribadavia.
VER PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLETO