FESTAS DO PORTAL | RIBADAVIA. SETEMBRO 2021.
Xa falta pouco para que chegue setembro e con el as Festas do Portal de Ribadavia.
Este ano as nosas festas serán, necesariamente, diferentes; cun formato adaptado ás medidas de seguridade e sanitarias contra a Covid.
Nos vindeiros días iremos anunciando toda a programación.
De momento, xa podemos adiantar que o 6 de setembro Mercedes Peón estará en concerto en #Ribadavia.
Información do evento:
MERCEDES PEÓN | 6 DE SETEMBRO ÁS 22:00 HORAS NO AUDITORIO RUBÉN GARCÍA DO CASTELO:
Entrada de balde e con control de aforo.
Necesario recoller invitación mediante inscrición previa na casa da Cultura de Ribadavia.
- Horario: de luns a venres, de 09:00-14:00 horas.
- Teléfono: 988 471 900.
- Correo electrónico: [email protected].
E o mesmo día do evento, unha hora antes na oficina da MIT, ata completar o aforo permitido.
Esperamos que todas e todos o gocemos durante os días da patrona de Ribadavia e do Ribeiro.