FESTAS DO PORTAL | RIBADAVIA. SETEMBRO 2021.
Seguimos comunicando a programación para as Festas do Portal:
O día 7 de setembro acompañaranos a Banda Tributo Dr. Queen.
Espectáculo que tras ser adiado, poderemos gozar no auditorio, Rubén García do Castelo.
Información do evento
BANDA TRIBUTO DR. QUEEN | 7 DE SETEMBRO ÁS 22:00 HORAS NO AUDITORIO RUBÉN GARCÍA DO CASTELO:
- Entrada de balde e con control de aforo.
- Necesario recoller invitación mediante inscrición previa na casa da Cultura de Ribadavia.
- Horario: de luns a venres, de 09:00-14:00 horas.
- Teléfono: 988 471 900.
- Correo electrónico: [email protected].
- E o mesmo día do evento, unha hora antes na oficina da MIT, ata completar o aforo permitido.
- Esperamos que todas e todos o gocemos durante os días da patrona de Ribadavia e do Ribeiro.