Cine, conversa e música en Ribadavia!

O domingo 26 de outubro ás 18:30 h, o Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia acollerá unha cita única:

A proxección da curta “8 Portas”, seguida dun coloquio cos seus creadores e o broche final cun concerto de @saragimeno, artista emerxente galega de gran proxección.
En “8 Portas”, o Rei Crimson reúnese cos sete líderes dos oito reinos da Unión, as chamadas cabezas do rei, nun momento de tensión política. Pero cando un deles morre  envenenado, o monarca comprende que a traizón xa está dentro das súas murallas…

Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia Domingo 26 de outubro · 18:30 h. Entrada libre ata completar aforo
Un serán para deixar que o cinema, a palabra e a música nos abran… as “oito portas”.