Artesania Saber e sabor

Entre o 6 e o 8 de decembro o casco histórico de Ribadavia acollerá a iniciativa Artesanía, saber e sabor, que incluirá un mercado de Nadal de Artesanía de Galicia e de Artesanía Alimentaria, así como de actividades para todos os públicos, como obradoiros dirixidos a familias e profesionais, catas, degustacións, baile, música ou sorteos. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Consellería do Medio Rural que servirá como punto de partida do proxecto Vilas Vivas, que será impulsado pola Xunta no 2025 co obxectivo de reforzar a dinamización do tecido comercial de vilas e cabeceiras de comarcas galegas.

Artesanía, saber e sabor busca poñer en valor a artesanía e os produtos agroalimentarios galegos de calidade diferenciada, explorando novas experiencias para a súa comercialización a través do uso efémero de diferentes locais comerciais do casco histórico da vila -abertos ao público para este evento- e a igrexa da Magdalena. Ademais, ao longo dos tres días, esta iniciativa reunirá máis unha vintena de artesáns e obradoiros adheridos á marca Artesanía de Galicia. ⁠

O horario será de 11,00 a 14,00 h e de 16,00 a 20,00 h e o mercado de Artesanía de Galicia terá lugar na igrexa de Santa María de Magdalena e contará con 10 expositores artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e pertencentes aos sectores da olería e cerámica, bixutería, xoiaría, coiro, calceta, feltro e relacionados coa moda.

Estes son Alfarería Lista, Contraform, Ferraxe de Prata, Jatafarta, Laura Triñanes, Logaro, Lumecú, María Monsalve, Mundaya e O Covil. Ademais, haberá dous expositores nun local dedicado a obradoiros de cerámica, que son os de Nerea Carpente, de Peixe Nero e Carlos San Claudio. Estes artesáns proceden de Untes, Vilar de Santos, Ourense, Malpica de Bergantiños, Santiago de Compostela, Teo, Monterroso, Covelo e Vigo.

En canto aos obradoiros, celebraranse en diferentes localizacións do casco antigo de Ribadavia e serán abertos a todos os públicos. Algúns deles estarán dedicados á elaboración de produtos relacionados co Nadal como as demostracións de arranxos florais a cargo de Verónica Souto, de Floradeira (Paderne), os obradoiros de elaboración de sanandresiños, con Jorge Bellón (Santo André de Teixido, Cedeira), os de torno cerámico, a cargo de Nerea Carpente de Peixe Nero (Covelo) e de Carlos San Claudio (Cianotipias), os de Cianotipias e Gyotaku, impartidos por Peixesapop (Vigo), ou os de estampaxe de postais con Sandra Betanzos de Amor ó teu.

Tamén se desenvolverán outros cursos para os que é precisa inscrición previa na web de Artesanía de Galicia, artesaniadegalicia.xunta.gal. Trátase dos cursos de Elaboración dunha coroa de Nadal e de Elaboración dun Centro de mesa, impartidos por Floradeira; dos obradoiros de Creación de Farois con estampaxe de selos e de Estampaxe de teas con serigrafía, con Amor ó teu; así coma o obradoiro de debuxo, que impartirá Catalina Rodríguez.

Artesanía Alimentaria
No que atinxe ao mercado de Artesanía Alimentaria, celebrarase na Praza Maior e as expositoras serán pequenas empresas que elaboran e comercializan produtos acollidos ao selo Artesanía Alimentaria dos diferentes sectores para os que se conta coa correspondente norma técnica. Así, haberá queixos, xeados, mel, embutidos e outros derivados cárnicos, marmeladas e outras conservas vexetais, cervexas, sidra, aceite de oliva, chocolate e derivados do cacao, entre outros produtos.

Ademais, o público que visite Ribadavia durante o evento poderá gozar tamén doutras accións que contribuirán a revitalizar o territorio, como obradoiros dirixidos a público xeral e profesional, catas, degustacións, baile, música ou sorteos de produtos de Artesanía Alimentaria. O programa conta tamén con actividades dirixidas aos máis cativos.

Lost your password?

Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in

Address

184 Mayfield St. Hopewell
Junction, NY 12533

Phone

Email