“A nosa terra”: o cartel gañador da 63ª Feira do Viño do Ribeiro

O xurado do Concurso de Carteis da 63ª Feira do Viño do Ribeiro reuniuse hoxe na sede do Consello Regulador do Ribeiro, en Ribadavia, para elixir o cartel que representará a Feira do Viño do Ribeiro 2026, que terá lugar na vila ribadaviense do 1 ao 3 de maio. #FVR2026, Concello de Ribadavia.

A obra gañadora está deseñada por Ángel Ligero Martínez, natural de Alfaro, La Rioja e foi elixida entre 52 propostas presentadas nesta edición do concurso. El é deseñador e pintor, apaixonado polo cartelismo, con infinidade de premios ás súas creacións ó longo dos anos. En relación á súa obra denominada “A nosa terra”, comenta que a idea que quere reflectir é “a unión dun pobo, dunha terra, polos seus viños, facendo algo con corazón, con sentimento.”

Ademais engade que quixo trasladar “unha fusión de elementos que aúnan os sentimientos por un viño, unha uva, unha terra, unha festa, unha denominación de orixe, xogando coas cores do viño, das uvas e incluso da paisaxe co paso do tempo.”

Lost your password?

Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in

Address

184 Mayfield St. Hopewell
Junction, NY 12533

Phone

Email