Ribadavia conmemorará o Día de Rosalía este 8 de marzo
A Casa da Cultura acollerá, a partir das 12:30h do domingo 8 de marzo , unha xornada especial con teatro e creación local para render homenaxe a Rosalía.
Representación de “Dende Rosalía”, da compañía Xanela do Maxín. Posta en escena de “Misterio Resolto!”, a cargo do alumnado da Aula de Teatro de Ribadavia.
Unha mañá para gozar da cultura e da palabra en clave feminina.