Do 29 ao 31 de agosto de 2025, Ribadavia volve vestir as súas rúas de medievo coa Festa da Istoria, declarada de Interese Turístico Nacional.
Veciños e visitantes mergúllanse nunha viaxe no tempo entre maravedís, traxes de época, música, teatro e un ambiente único no corazón do Ribeiro. Unha cita imprescindible para revivir a historia e gozar dunha das celebracións máis auténticas de Galicia.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA FESTA DA ISTORIA