Este 2025 conmemórase o ‘Ano Castelao‘, na honra do ilustre artista, escritor, político e todo un referente da historia e cultura galega.
En Ribadavia, o vindeiro mércores 13 ás 11.30h, inauguraremos a rúa que pasará a levar o seu nome: a Avda de Castelao, na que ademais colocaremos unha estatua coa súa figura.
Lembrámosvos tamén que o vindeiro 15 de agosto, venres, ás 22.30h; poderemos ver o filme ‘Antes de Nós‘, baseado na vida de Castelao, nunha actividade gratuíta de cinema ao aire libre no Parque da Festa de Francelos