A lexendaria banda de rock madrileña, con 50 anos de historia ás costas, tamén pasará pola capital do Ribeiro na súa xira 2025: “Burning – 50 años de rock… ¡y seguimos a todo gas!”
5 de setembro Ribadavia
Dentro da programación das Festas do Portal 2025
Con Johnny Burning á fronte, chegan cunha misión clara: seguir facendo vibrar escenarios e salvar o rock and roll con toda a súa enerxía e paixón.
Non perdas esta oportunidade única de vivir en directo unha parte viva da historia do rock estatal.
Rock and roll, veciños e veciñas!