Terá lugar o domingo 23 de febreiro ás 12:30 horas na Madalena. A programación incluirá unha lectura e recital da obra da autora, unha representación teatral a cargo do alumnado da Aula Municipal de Teatro e a actuación do Coro de Cámara do Club Artístico de Ribadavia.
Ademais, xa está dispoñible na Casa da Cultura a Exposición Bibliográfica da Biblioteca Municipal de Ribadavia sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, que poderá visitarse ata o 25 de febreiro.
