Pacto de convivencia
Nos séculos XII e XIII créanse a meirande parte das cidades medievais galegas. Os vasalos de Celanova foxen daquela cara a Allariz, Ribadavia e Ourense. Constitúense nas novas urbes comunidades xudías que empezan a ter problemas coa maioría cristiá a finais do século XIII. A modélica resolución, a través do diálogo, do conflicto interétnico en Allariz ilustra o porqué na Galicia medieval o antisemitismo popular e o anticristianismo xudeu non terminaron en masacres, como noutros lugares ó longo da Idade Media.
Pacto co Xudeu Maior
O 20 de maio de 1289 o Concello de Allariz, estando presentes o representante do Rei e os párrocos da vila, chegan a un acordo co Xudeu Maior, Isaac Ismael, para regular a convivencia, rota polos agravios mutuos nas procesións. Pactan respectarse mutuamente as festas relixiosas de cada comunidade, así como vivir en harmonía cada unha delas na súa parte da vila.