Auto de Fe
Francisco Rizi. Auto de Fe en la Plaza Mayor de Madrid. Museo Nacional del Prado.
Museo etnolóxico
Auto de fe do século XVII
O 30 de xuño de 1680 ten lugar na Praza Maior de Madrid o Auto de Fe máis importante do século XVII. Un portentoso ritual barroco no que participan miles de persoas, onde se len e aplican públicamente sentencias ditadas polos diferentes tribunais territoriais do Santo Oficio.
Preside Carlos II, “O Feitizado”, coa súa familia e os ananos. O Inquisidor Xeral é nese intre o vigués Diego Sarmiento de Valladares. No medio do enorme teatro, montado arredor, o estandarte da Inquisición coa cruz, a rama de oliveira e a espada, que aparece tamén nos escudos de familiares, comisarios e inquisidores.