Programa da Semana Santa en Ribadavia 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 a 10 anos, que terá lugar na Casa da Cultura, a partires das 17,00 horas.

O xoves e o venres, ás 12,30, está previsto o roteiro “Coñece Ribadavia”, cun percorrido polo patrimonio histórico da vila. Ademais, ese mesmo xoves, ás 19,00, a Alameda acollerá o espectáculo de danza “Remembranza”, e posteriormente, ás 23,00, na praza de San Xoan, actuará en concerto o grupo “Alabanda”, con repertorio de música pop e rock española.

As actividades culturais continúan o venres co contacontos infantil “Cuentos y mas cuentos”,  na Praza Maior, ás 13,00 horas; e xa pola tarde, ás 19,00 horas, haberá o musical “¡Escenas de todos!”, no auditorio da Casa da Cultura; rematando esta xornada na rúa Salgado Moscoso con  sesións de música electrónica dos djs, Jeivi e Roku, a partir das 23,00 horas.

sábado, 30 de marzo, ás 19,00, na Igrexa da Madalena terá lugar o concerto de guitarra eléctrica de Rafael Fernández; e tamén un ano mais, celebrarase a actividade “A Arte dos Monumentos”, organizada por a Asociación de Amigos do Museo, ese mesmo sábado, ás 13,00 horas, para coñecer a historia da sociedade recreativa “A Peña”, e ao día seguinte, domingo, á mesma hora, para falar do antigo edificio Banco Pastor, ámbolos dous días o punto de encontro será na Fonte da Prata.

No que ten que ver co deporte, os días 29 e 30, o polideportivo “O Consello” será sede do torneo de fútbol sala “Copa do Ribeiro”, organizado polo colectivo “Minabo do Ribeiro”. Ademais, o campo do “Xestal” acollerá o Clinic de Semana Santa de Fútbol, organizado polo Ribadavia Atlético en colaboración coa fundación Celta, os días 25, 26 e 27 de marzo.

Actos relixiosos

Dentro do programa de actos relixiosos, o 24 de marzo, Domingo de Ramos, celebrarase a procesión dende San Xoan ata San Domingos, ás 11,30 horas; e o xoves a Procesión dos Caladiños dende a Igrexa de Santiago, ás 21,00.
Vernres Santo será a Procesión do Santo Encontro dende a Igrexa de Santiago ata a Praza Maior, ás 11,30; e a  Procesión do Santo Enterro dende a Igrexa de San Domingos, ás 19,30.
Ademais, o Concello pon en marcha un servizo de conciliación para os nenos, os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril, en horario de 9,00 a 14,00 horas.

Lost your password?

Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in

Address

184 Mayfield St. Hopewell
Junction, NY 12533

Phone

Email