9ª CARREIRA PEDESTRE RIBADAVIA

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN a través da web www.deportesribadavia.es ou en https://www.carreirasgalegas.com/…/ix-carreira…/ALlwNLjp

A inscrición para todas as categorías será ata as 23’59 horas do 27 de Novembro de 2024.

O 1 de Decembro, terá lugar a Novena edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se disputará como en anos anteriores sobre un circuito semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta.

A saída e meta, para todas as categorías será na Praza Maior.
A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior. As categorías: Sub 16, Sub 14 e Sub 12/Sub 10 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello cunha distancia de 700 m., estas tres probas disputaranse a partires das 11:05 horas mentres se disputa a categoría absoluta.

Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido disputarse a competición para as categorías Sub 08 e Biberóns.

A recollida de dorsais terá lugar o Domingo 1 de Decembro, ata 25:00 minutos antes da saída de cada categoría na secretaría de competición (fronte ao concello de Ribadavia/Praza Maior, 4).

Todos os atletas disporán de vestiarios no Polideportivo O Consello, sendo a entrega de premios na Praza Maior ás 13:00 horas, fronte o Concello.

A proba estará organizada polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes contando nesta edición coa coordinación da Federación Galega de Atletismo.

Nesta ligazón está o Regulamento Xeral: https://deportesribadavia.es/9-carrera-pedreste-de…/

Lost your password?

Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in

Address

184 Mayfield St. Hopewell
Junction, NY 12533

Phone

Email